Descripción
117pp, 20x15cm. Contiene cd con 26 cortes. A protagonista é a gaita e os toques antigos e urbanos da Coruña personificados na figura do lendario Farruco de Montrove. O libro tamén recolle nomes de outros grandes mestres coma Francisco Paradela, Enrique Ambite, José e Alejandro Temprano, Emilio Corral entre outros. Este libro está acompañado de gravacións inéditas de diferentes arquivos (Alan Lomax, Cántigas da Terra, Pepe Temprano). Inclúe partituras transcritas das melodías recollidas no CD.